Libros infantiles en gallego
Paginación
- Página anterior
- Página 2
Filtrar
CerrarAs parellas de animais deste libro poden parecer diferentes, pero comparten detalles que os achegan: longos pescozos, cores semellantes, viven no mesmo espazo, fan as mesmas cousas ou teñen o mesmo
Don Xata e os seus amigos teñen que atopar uns froitospara a festa da súa comunidade, pero desapareceron e, por riba, don Xata perdeuse! Todos terán que matinar para resolver os problemas que se lles presentan…e coidar do seu bosque!
Albelo é un ratiño que vive tranquilo no campo, nun espazo reducido ao contorno do seu tobo. Un día aparece Petís, que vén de lonxe.
Un simple pasiño abonda para mudar por completo unha situación. Nun peirao dás un paso e caes ao mar; neste libro de poemas, pasas a primeira folla e atravesas a outro mundo.
A Paulo e a Antía encántalles estar xuntos e descubrir o mundo mentres conviven: xogan, báñanse, saen de excursión ao campo e á granxa, van á praia, ao zoo, ao circo... En cada un deses sitios gozarán de cousas que xa coñecían e das súas novas descubertas.
Se vas a unha sociedade protectora de animais e ves unha cría de diplodoco que ten cara de tristura, é lóxico que che entren ganas de acollela.
Estrela e Max andan nos colectores do lixo na procura de roupa e comida. Para os demais nenos do barrio non son Estrela e Max, senón Inmundicia e Roñoso, dada a sucidade que acumulan. Unha tarde, os nenos do barrio empúrranos dentro dun colector e atrancan a porta.
A chegada de Kumamoto revoluciona os hábitos da familia Pérez Barreiro.
Mima vive con Robot nunha cabana da ribeira do río. A súa vida é moi tranquila ata que chega o día do seu noveno aniversario. Á mañá seguinte emprenderá unha viaxe en barco, río arriba, con Robot, o tío Onofrio e Boliña, o seu can.
Aicí e mais Reibax son dous irmáns que viven na illa Pepereta. Unha mañá, cando se dirixen á escola, os nenos desvían o seu camiño e entran na carpa dun vello circo. Alí atopan algo abraiante: un enorme submarino con forma de balea! Como chegaría ata ese lugar?
Os máis cativos teñen que se enfrontar por primeira vez a algunhas situacións que non comprenden, lles dan medo ou os poñen nerviosos. Asimilar novos hábitos forma parte da súa aprendizaxe diaria.
Libros que axudan a superar medos e a aprender hábitos básicos.