Libros juveniles en gallego
Filtrar
CerrarRebumbio de Arriba é unha vila de montaña onde nunca pasa nada. Porén, todo o mundo fala ultimamente da chegada dun médico árabe, que acaba de instalarse alí coa súa familia. Un día, sen saber de onde, aparece un lobo que ataca os rapaces na escola e atemoriza a poboación toda.
A Mariña encántalle o fútbol, e é tan boa co balón que semella que fai maxia cos pés. Pero os rapaces non llo poñen doado e impídenlle xogar no campo de fútbol do patio.
Rematando o monzón, Sari embarca na dorna Preciosa á procura do seu mestre e amigo Simbad o Mariño. O vello piloto marchou un día sen avisar, deixando atrás nove misteriosos baúis e un ronsel de moitas horas de ensinanzas e conversas co rapaz.
Eloi visita sempre que pode o seu avó Matías, que vive nunha vila costeira na que traballou durante moitos anos de fareiro.
Un día, da noite para a mañá, como por arte de meigas, os animais da lagoa descobren unha sospeitosa caravana de automóbiles. Pronto saberán que son obreiros que veñen desecar o seu País da Auga, polo que deciden organizarse para defender o seu territorio.
Unha moza de 15 anos ten problemas de entendemento co pai, desconfiado e machista.
No ano 1936, Nicasio, un mociño dunha aldea da Terra Chà, acode co seu pai a traballar como segador en Castela. Porén, ao pouco de chegar alí, foxe desa vida de braceiro. El quere coñecer a capital, o Madrid moderno.
Maíto é un neno xitano. O seu pai, Panduro, está na cadea e é analfabeto.
Rosalía de Castro (1837-1885) é a figura máis insigne das nosas letras. Iniciou o chamado Primeiro Renacemento galego e deulle prestixio á nosa lingua cando se percibía como un dialecto.
Nadia, unha adolescente tímida e con problemas familiares, vive o espertar do seu primeiro amor. O que está a sentir por Manel abre a súa personalidade, que deixa de ser a dun cero escuro, a cifra á marxe coa que ninguén conta.
O que ía ser un verán sen sobresaltos, verase transformado nunha aventura grazas a uns avós pacientes, un curmán mentireiro e un vello mago que agocha antigos segredos.
O lume contador de historias nace cando un raio aviva unha póla da única árbore de pamarandá que existe no mundo. Esa póla vaina recoller un pastor para escorrentar con ela os lobos que ameazan o seu rabaño.