Noticias primavera 2024
Filtrar
CerrarAlexandría, Exipto, 45 a. C. Por orde da raíña Cleogata, Gatlock e os seus amigos parten á busca dun fabuloso tesouro agochado no revirado labirinto dunha pirámide, onde axexan perigosas criaturas.
A Benita e Malva —dúasxemelgas idénticas só naaparencia— acaban deabandonalas os pais. Unhaauxiliar de policía encárgasede levalas cun suposto tío,Eustache Chaillot, que rexentaun restaurante en París. PeroChaillot foi acusado de asasinarun crítico que falou mal dassúas célebres croquetas.
Nas ruínas dun sanatorio situadonun lugar perdido da serra deMadrid agóchase un segredoarrepiante que ninguén deberíadesvelar. Sebas, o seu curmánÁlvaro e a cuadrilla dos Furtivosignoran que asomarse a uninquietante burato marcará assúas vidas para sempre.
Un disparo nos cantís, unha muller que non existe, un fareiro misterioso e o segredo dun nome. Agora Hugo ten sangue nas mans. Que viu realmente? Cando tenta comprendelo, vese fronte a un enigma que enraíza na Segunda Guerra Mundial.
O pequeno Sherlock Tóupez e os seus amigos son capaces de resolver calquera misterio. Desta vez, namentres xogan á lebrescura, Rufino métese nunha gruta escura e perigosa. Ninguén sabe onde está, pasa o tempo e non aparece... Darán atopado o seu amigo? Interior impreso en letra ligada.
Era unha vez unha nena que undía coñeceu unha raposa. Ou eraunha vez unha raposa que un díacoñeceu unha nena. Si, se cadraeran moi distintas. E, aínda así,decidiron achegarse unha á outra.Pasaron semanas e meses enteirosxuntas. Debuxaron, leron exogaron.
Espertaches pola mañá e o teu gato non está durmindo no seu recuncho preferido ou afiando as unllas no sofá? A túa tartaruga marchou de excursión sen deixarche unha nota na neveira? Botas en falta as sesións de natación sincronizada do teu peixe? Non te preocupes.