Libros infantiles en gallego
Filtrar
CerrarEste libro, en letra maiúscula e con lapelas que mudan a escena, axudará os máis pequenos nas súas aprendizaxes básicas.
Os protagonistas teñen que aprender a manexar as súas emocións: tristura, noxo, ledicia, medo ou impaciencia.
Tokio, 2020.
Pánico na cidade! Unha maldición converte os gatos en estatuas. Gatlock lidera a investigación para descubrir a verdade. El e os seus amigos están preparados para calquera cousa. Mesmo para se enfrontaren aos terribles samugatorais!
Quen nada baixo os icebergs? Quen oulea nas pólas dos bidueiros? Quen fai tremer o chan coas súas pisadas? Quen axexa dende as alturas a nevada tundra? Quen se agocha detrás dos argazos? E quen xoga cos cabaliños de mar?
A nai, o pai e Coconut sempre lle din a Cocolicot que os crocodilos son afoutos e nunca choran. Así e todo, un día Cocolicot non deu reprimido o pranto, e velaquí o que pasou.
Quen se agocha detrás das lapelas?
Un libro animado cheo de máxicas sorpresas.
Os nenos gozarán das adiviñas procurando os seus animais preferidos.
Os animais da granxa prepáranse para irse deitar: o pitiño batuxa na bañeira, o parrulo cepilla o peteiro, a vaca pon o seu pixama favorito e o porco le un conto. Un libro con lapelas sobre os hábitos previos a ir durmir.
Catro exercicios de relaxación, con palabras e movementos, que axudan a acougar os nenos e ao seu benestar.
Cacarabín, Cacarabón é unlibro de poemas baseados principalmente no folclore infantil.
O neno comprende así o marabilloso xogo do ritmo que poden encerrar as palabras elixidas segundo a el lle pete.
Hai tantas casas coma xente que vive nelas. Casas con tellado, casas de tea, casas de papel, casas de palla, casas acolledoras e casas enfadadas. Cómpre levarse ben con elas, para que te protexan e te coiden.
Animais, elementos da natureza, froitas, xoguetes, materiais para a escola, profesións, contos tradicionais e festas escolares. Entre estas oito seccións repártese o cento de ocorrentes adiviñas que completan este libro.
A Paulo e a Antía encántalles estar xuntos e descubrir o mundo mentres conviven: xogan, báñanse, saen de excursión ao campo e á granxa, van á praia, ao zoo, ao circo... En cada un deses sitios gozarán de cousas que xa coñecían e das súas novas descubertas.