Libros infantiles en gallego
Paginación
- Página anterior
- Página 4
Filtrar
CerrarO pequeno Sherlock Tóupez e os seus amigos son capaces de resolver calquera misterio. Desta vez, namentres xogan á lebrescura, Rufino métese nunha gruta escura e perigosa. Ninguén sabe onde está, pasa o tempo e non aparece... Darán atopado o seu amigo? Interior impreso en letra ligada.
Palacio de Schönbrunn, Austria, 1763.
Xoubas, desapareceu o colar da raíña Lisbeth! Gatlock ten só unhas horas para esclarecer o misterio. Canda os seus amigos os paxaros, os cans e o cachourizo, Gatlock non dubidará en lanzarse tras a pista do ladrón.
Sam soña conse converter nun nobre cabaleiro, pero non sabe como conseguilo. Unha viaxe dos pais obrígao a convivir no Castelo Mothscale con Prune, a súa prosmeira curmá, co seu excéntrico tío Archibald e mais coas estrañas criaturas das que se ocupa a tía Eglantine.
Nun peto do seu anorak, Zoe garda un segredo tan pequeno que cabería no corazón dunha mazá, pero é tan importante que non lle deixa durmir. Non llo pode contar a ninguén, e iso resúltalle dificilísimo. Será quen de aguantar?
Antón o aviador é un tipo con sorte: cando o seu biplano rematou o combustible e se viu obrigado a aterrar no medio do deserto, o que menos esperaba era dar cun xenio marabilloso disposto a concederlle tres desexos.
Os animais son expertos na arte da camuflaxe. Poden facelo por medo, para ocultárense dos seus posibles agresores ou, como acontece moitas veces, para axexaren unha presa.
Os animais son expertos na arte da camuflaxe. Poden facelo por medo, para ocultárense dos seus posibles agresores ou, como acontece moitas veces, para axexaren unha presa.
Tomás non sae nunca á rúa. Fóra da seguridade do fogar axexan os perigos; todo lle resulta inestable. Só nas horas en que se sente máis consolado, atrévese a observar dende a fiestra a vida activa do seu barrio. E un deses días advirte que chegaron novos veciños.
As parellas de animais deste libro poden parecer diferentes, pero comparten detalles que os achegan: longos pescozos, cores semellantes, viven no mesmo espazo, fan as mesmas cousas ou teñen o mesmo
Os máis cativos teñen que se enfrontar por primeira vez a algunhas situacións que non comprenden, lles dan medo ou os poñen nerviosos.
É de supoñer que nunha vila que se chame Lemoito exista unha biblioteca engaiolante á que acoden moitos nenos e nenas. O que resulta máis difícil de imaxinar é que nesa biblioteca viva un libro que pasa os días contristado no seu andel. Iso non se pode nin imaxinar.
Tito é un pallaso e a estrela indiscutible do circo Rando; un personaxe cheo de inxenuidade, capaz de marabillarse con todo o que descobre e de ir recoñecendo os seus sentimentos.