Libros infantiles de 6 a 8 años
Filtrar
PecharCoello anda desacougado. Ten unha ansia grande coma un mundo. Un malestar moi insistente que vai detrás del a todos os sitios e non o deixa pensar en máis nada. Velaí que decida chamar os seus amigos, pero disque todos están moi atarefados.
A sombra do elefante é moi voluminosa, a do pavón abondo delicada, a da tartaruga atrásase, a do camaleón cambia de cor, e como esvara a do golfiño! Todos os animais queren axudar a ovella á que o lobo lle comeu a sombra a atopar outra que poida substituír a súa.
Animais, elementos da natureza, froitas, xoguetes, materiais para a escola, profesións, contos tradicionais e festas escolares. Entre estas oito seccións repártese o cento de ocorrentes adiviñas que completan este libro.
Aicí e mais Reibax son dous irmáns que viven na illa Pepereta. Unha mañá, cando se dirixen á escola, os nenos desvían o seu camiño e entran na carpa dun vello circo. Alí atopan algo abraiante: un enorme submarino con forma de balea! Como chegaría ata ese lugar?
Coello ten un desexo. Un desexo pequerrecho que anda a rebulir pola súa casa e ao que non dá pillado. Un desexo toleirán, de rechamante cor rosa, ao que xa lle tarda que lle fagan caso...
Como conseguiu a súa luz o vagalume? Por que a cebra ten raias? ¿Cal é a razón de que voe o peixe voador? En que momento empezou o can a enterrar os ósos? Como se orixinou a crista do galo? De que maneira logrou o caracol a súa casa?
O pequeno Sherlock Tóupez e os seus amigos son capaces de resolver calquera misterio. Desta vez, namentres xogan á lebrescura, Rufino métese nunha gruta escura e perigosa. Ninguén sabe onde está, pasa o tempo e non aparece... Darán atopado o seu amigo? Interior impreso en letra ligada.
Era unha vez unha nena que undía coñeceu unha raposa. Ou eraunha vez unha raposa que un díacoñeceu unha nena. Si, se cadraeran moi distintas. E, aínda así,decidiron achegarse unha á outra.Pasaron semanas e meses enteirosxuntas. Debuxaron, leron exogaron.
Chove a caldeiros e semella que a tarde vai ser moi aburrida. Cada habitante da fraga pasa o día dun xeito diferente. Porque unha tarde gris pode ser estupenda.
Chegou a primavera. Leo está moi contento e convence a Filipo de pasaren un tranquilo día de pícnic. Pero o paseo non será, nin moito menos, como esperaban.