Libros y álbumes ilustrados
Filtrar
Pechar«Vai un día estupendo para se deitar ao sol, chapuzar e nadar na piscina de augas cristalinas…, ata que o meu irmán berra:
—PAPÁ! QUERO FACER CACA!
Arreando! Pero... daremos chegado a tempo ao baño?».
Alexandría, Exipto, 45 a. C. Por orde da raíña Cleogata, Gatlock e os seus amigos parten á busca dun fabuloso tesouro agochado no revirado labirinto dunha pirámide, onde axexan perigosas criaturas.
Unha ánfora exipcia e un escaravello rinoceronte desaparecen misteriosamente do pazo do conde de Leirachá logo de que Alberte e Lola relaten a súa última viaxe a Exipto, un país cunha cultura que os enfeitiza.
Coello anda desacougado. Ten unha ansia grande coma un mundo. Un malestar moi insistente que vai detrás del a todos os sitios e non o deixa pensar en máis nada. Velaí que decida chamar os seus amigos, pero disque todos están moi atarefados.
Océano Pacífico, 1657. A bordo dun barco pirata, o capitán Gatlock parte á busca dun misterioso talismán, o tiki de ouro. Os seus amigos, a rata Shaki, o papagaio Trópico e o tití Jackie non dubidan en arriscar as súas vidas para acompañalo. Avante, meus piratas! Á aventura!
Esta é unha historia de amor. E xa se sabe que, ás veces, o amor nos fai cometer imprudencias. Sobre todo, se te chamas Bieito Viqueira e tes unha familia peculiar, uns amigos con afeccións extravagantes e un pensamento que non dás sacado da cabeza.
Arrepiante suceso en París: a ratiña Magali desapareceu! E canda ela todos os ratos do barrio. Con gran valentía, Gatlock e mais os seus veciños con plumas ou de catro patas emprenden a pescuda. A Gatlock (case) nada lle pon medo.
Héctor teme que este verán sexa aburridísimo. Ten que pasalo nunha vila de Galicia e, ademais, estudar moito. Non obstante, alí verase envolto nun misterio de piratas e tesouros que a súa curmá Carolina lle axudará a resolver.
V Premio Ala Delta.
Ani, o libro de Contos dos cinco continentes que Mar colleu na biblioteca de Lemoito, por fin vai viaxar. Vai con Mar á casa dos avós, na vila de Lerentrenós. No faiado da casa coñece a un semellante seu, un volume sobre Exipto, que lle conta a historia dos libros que aló vivían.
A sombra do elefante é moi voluminosa, a do pavón abondo delicada, a da tartaruga atrásase, a do camaleón cambia de cor, e como esvara a do golfiño! Todos os animais queren axudar a ovella á que o lobo lle comeu a sombra a atopar outra que poida substituír a súa.
Cando Lucas decide probar o telescopio que lle regalan os pais polo seu aniversario, non imaxina a sorpresa que lle espera do outro lado da súa fiestra. Tras os vidros escachados dunha fábrica en ruínas descobre unha rapaza, coa que empeza a comunicarse con breves mensaxes escritas en cartóns.
Un día, da noite para a mañá, como por arte de meigas, os animais da lagoa descobren unha sospeitosa caravana de automóbiles. Pronto saberán que son obreiros que veñen desecar o seu País da Auga, polo que deciden organizarse para defender o seu territorio.