Libros de Benjamin Lacombe
Filtrar
PecharSuíza, 1976. Terror no val! Un gatominable monstro das neves atemoriza a aldea de Appenzell. Na compaña da súa amiga a ratiña Magali, Gatlock non dubida en emprender a busca desa misteriosa criatura…
Alexandría, Exipto, 45 a. C. Por orde da raíña Cleogata, Gatlock e os seus amigos parten á busca dun fabuloso tesouro agochado no revirado labirinto dunha pirámide, onde axexan perigosas criaturas.
Océano Pacífico, 1657. A bordo dun barco pirata, o capitán Gatlock parte á busca dun misterioso talismán, o tiki de ouro. Os seus amigos, a rata Shaki, o papagaio Trópico e o tití Jackie non dubidan en arriscar as súas vidas para acompañalo. Avante, meus piratas! Á aventura!
Arrepiante suceso en París: a ratiña Magali desapareceu! E canda ela todos os ratos do barrio. Con gran valentía, Gatlock e mais os seus veciños con plumas ou de catro patas emprenden a pescuda. A Gatlock (case) nada lle pon medo.
Nova York, 1917. Gran pelexa entre cans e gatos. Ed o fanfurriñeiro, o cadelo orellán, acusa o clan dos Gattuccini de tratar de envelenar as súas croquetas. Unha banda de cans contra unha de gatos: unha nova e perigosa misión para Gatlock, que deberá poñer paz entre eles.
Tokio, 2020.
Pánico na cidade! Unha maldición converte os gatos en estatuas. Gatlock lidera a investigación para descubrir a verdade. El e os seus amigos están preparados para calquera cousa. Mesmo para se enfrontaren aos terribles samugatorais!
Palacio de Schönbrunn, Austria, 1763.
Xoubas, desapareceu o colar da raíña Lisbeth! Gatlock ten só unhas horas para esclarecer o misterio. Canda os seus amigos os paxaros, os cans e o cachourizo, Gatlock non dubidará en lanzarse tras a pista do ladrón.