Libros juveniles a partir de 14 años
Filtrar
PecharUn disparo nos cantís, unha muller que non existe, un fareiro misterioso e o segredo dun nome. Agora Hugo ten sangue nas mans. Que viu realmente? Cando tenta comprendelo, vese fronte a un enigma que enraíza na Segunda Guerra Mundial.
Eloi visita sempre que pode o seu avó Matías, que vive nunha vila costeira na que traballou durante moitos anos de fareiro.
Unha noite de verán, ao volver da verbena, Lena vive unha experiencia asombrosa, entre o soño e a fantasía, preto das ruínas do vello mosteiro oculto na fraga. Fraga e ruínas que agochan tamén unha lenda chea de misterios que a moza e as súas curmás tratan de descubrir. Existen as bruxas?
Nadia, unha adolescente tímida e con problemas familiares, vive o espertar do seu primeiro amor. O que está a sentir por Manel abre a súa personalidade, que deixa de ser a dun cero escuro, a cifra á marxe coa que ninguén conta.
O que ía ser un verán sen sobresaltos, verase transformado nunha aventura grazas a uns avós pacientes, un curmán mentireiro e un vello mago que agocha antigos segredos.
Marcos, un mozo a quen o seu pai está a iniciar na escalada, sálvalle a vida a un alpinista suízo nos Picos de Europa; pero o vínculo entre ambos os dous nacera anos atrás, nas misteriosas rexións
Álex, un mozo compostelán, escoita no telexornal que uns lobos atacaron uns cabalos en Valdelobos, aldea da Costa da Morte. Por mediación do pai vai pasar uns días a ese lugar.