Libros infantiles de 0 a 3 años
Filtrar
PecharUn libro con lapelas que cambian a ilustración e con simpáticos personaxes que lles aprenden aos máis pequenos a adquirir rutinas diarias.
Descubre esta divertida colección para aprender hábitos básicos.
Deixar o chupete é un paso moi importante, pero hai que estar preparado.
Esta colección axuda os máis pequenos a asimilar novos hábitos a través das experiencias dos seus personaxes e mediante divertidas lapelas que cambian a ilustración.
Os máis cativos teñen que se enfrontar por primeira vez a algunhas situacións que non comprenden, lles dan medo ou os poñen nerviosos. Asimilar novos hábitos forma parte da súa aprendizaxe diaria.
Libros que axudan a superar medos e a aprender hábitos básicos.
Este libro, en letra maiúscula e con lapelas que mudan a escena, axudará os máis pequenos nas súas aprendizaxes básicas.
Os protagonistas teñen que aprender a manexar as súas emocións: tristura, noxo, ledicia, medo ou impaciencia.
Quen nada baixo os icebergs? Quen oulea nas pólas dos bidueiros? Quen fai tremer o chan coas súas pisadas? Quen axexa dende as alturas a nevada tundra? Quen se agocha detrás dos argazos? E quen xoga cos cabaliños de mar?
Quen se agocha detrás das lapelas?
Un libro animado cheo de máxicas sorpresas.
Os nenos gozarán das adiviñas procurando os seus animais preferidos.
Os animais da granxa prepáranse para irse deitar: o pitiño batuxa na bañeira, o parrulo cepilla o peteiro, a vaca pon o seu pixama favorito e o porco le un conto. Un libro con lapelas sobre os hábitos previos a ir durmir.
A Paulo e a Antía encántalles estar xuntos e descubrir o mundo mentres conviven: xogan, báñanse, saen de excursión ao campo e á granxa, van á praia, ao zoo, ao circo... En cada un deses sitios gozarán de cousas que xa coñecían e das súas novas descubertas.
As parellas de animais deste libro poden parecer diferentes, pero comparten detalles que os achegan: longos pescozos, cores semellantes, viven no mesmo espazo, fan as mesmas cousas ou teñen o mesmo