Libros infantiles de 3 a 6 años
Filtrar
Pechar«Vai un día estupendo para se deitar ao sol, chapuzar e nadar na piscina de augas cristalinas…, ata que o meu irmán berra:
—PAPÁ! QUERO FACER CACA!
Arreando! Pero... daremos chegado a tempo ao baño?».
O pequeno Sherlock Tóupez eos seus amigos son capacesde resolver calquera misterio.Desta vez, namentres xoganá lebrescura, Rufino métesenunha gruta escura e perigosa.Ninguén sabe onde está, pasao tempo e non aparece... Daránatopado o seu amigo?Interior impreso en letra ligada.
Coello anda desacougado. Ten unha ansia grande coma un mundo. Un malestar moi insistente que vai detrás del a todos os sitios e non o deixa pensar en máis nada. Velaí que decida chamar os seus amigos, pero disque todos están moi atarefados.
Ani, o libro de Contos dos cinco continentes que Mar colleu na biblioteca de Lemoito, por fin vai viaxar. Vai con Mar á casa dos avós, na vila de Lerentrenós. No faiado da casa coñece a un semellante seu, un volume sobre Exipto, que lle conta a historia dos libros que aló vivían.
A sombra do elefante é moi voluminosa, a do pavón abondo delicada, a da tartaruga atrásase, a do camaleón cambia de cor, e como esvara a do golfiño! Todos os animais queren axudar a ovella á que o lobo lle comeu a sombra a atopar outra que poida substituír a súa.
A nai, o pai e Coconut sempre lle din a Cocolicot que os crocodilos son afoutos e nunca choran. Así e todo, un día Cocolicot non deu reprimido o pranto, e velaquí o que pasou.
Catro exercicios de relaxación, con palabras e movementos, que axudan a acougar os nenos e ao seu benestar.
Cacarabín, Cacarabón é unlibro de poemas baseados principalmente no folclore infantil.
O neno comprende así o marabilloso xogo do ritmo que poden encerrar as palabras elixidas segundo a el lle pete.
Don Xata e os seus amigos teñen que atopar uns froitospara a festa da súa comunidade, pero desapareceron e, por riba, don Xata perdeuse! Todos terán que matinar para resolver os problemas que se lles presentan…e coidar do seu bosque!
Albelo é un ratiño que vive tranquilo no campo, nun espazo reducido ao contorno do seu tobo. Un día aparece Petís, que vén de lonxe.