Libros infantiles de 10 a 12 años
Filtrar
PecharA Mariña encántalle o fútbol, e é tan boa co balón que semella que fai maxia cos pés. Pero os rapaces non llo poñen doado e impídenlle xogar no campo de fútbol do patio.
O lume contador de historias nace cando un raio aviva unha póla da única árbore de pamarandá que existe no mundo.
Hai anos que unha sospeita atenaza a Abril. A decisión dos pais de trasladárense a un barrio novo e abandonar a súa vida anterior outorgaralle á nena a tranquilidade desexada.
En outubro de 1891, con 10 anos acabados de facer, Picasso chega coa súa familia á Coruña, onde acaban de concederlle ao pai praza de profesor na Escola de Belas Artes. O rapaz axiña se adaptará á cidade e dará mostras do seu carácter curioso e inquedo.
Xavier é un neno ensimesmado e algo fantasioso que pasa o verán na vila dos seus tíos. Alí coñece a Clara, unha rapaza especial capaz de ver dentro dos seus soños. Xuntos descubrirán o misterio e os segredos de familia que acubillan as ruínas da casa de Andrés Troncoso, o bisavó de Clara.
Que casualidade que o único cuarto da casa que non ten fiestra cara á rúa sexa o de Cecilia! Xa que logo, nunha parede ten colgado un cadro sobre unha xanela que pintou o seu avó.
Unha forma de brincar coa poesía é apertala en poucos versos, xustiños e medidos, como se nunha parede de papel encaixásemos unha xanela, con forma de soneto, por exemplo, para dende ela mirarmos o