Libro y álbum ilustrado infantil
Filtrar
PecharQue alguén fale é cousa común. Que o faga unha ra, é cousa rara. A protagonista deste relato fala polos cóbados (ou mellor sería dicir que fala polas ancas).
Chegou a primavera. Leo está moi contento e convence a Filipo de pasaren un tranquilo día de pícnic. Pero o paseo non será, nin moito menos, como esperaban.
Uxío é un rapaz espelido pero algo problemático. Mentres os seus paise irmáns marchan de vacacións a un parque temático, el asiste contrariado a un campamento nunha illa onde os participantes teñen vedado o uso do móbil e deben alimentarse do que colleitan.
Espertaches pola mañá e o teu gato non está durmindo no seu recuncho preferido ou afiando as unllas no sofá? A túa tartaruga marchou de excursión sen deixarche unha nota na neveira? Botas en falta as sesións de natación sincronizada do teu peixe? Non te preocupes.
Un simple pasiño abonda para mudar por completo unha situación. Nun peirao dás un paso e caes ao mar; neste libro de poemas, pasas a primeira folla e atravesas a outro mundo.