Libros infantiles de 8 a 10 años
Filtrar
PecharO capitán Maimiño, xefe dos exércitos do rei Pousafoles V, está desesperado. O seu fillo Belleco non quere ser guerreiro coma el, e a súa filla Chinchanamoca prefire enredar polo bosque que ser unha doncela casadeira.
No mundo fantástico dos Nubelos só os vellos Grislás conservan a memoria das lendas. Unha desas lendas garda as enigmáticas claves coas que Nubelo de La poderá coñecer a verdadeira historia do seu pai, a quen todos lle chaman o Pintamonas.
A quen non lle gustaría voar? Pois Sansón Lamparte, o protagonista desta historia, sabe facelo ás mil marabillas. Algo bastante normal, diredes vós, se naces nun circo,a túa nai é trapecista e o teu pai un deses arrichados artistas aos que lle chaman homes-bala.
Palacio de Schönbrunn, Austria, 1763.
Xoubas, desapareceu o colar da raíña Lisbeth! Gatlock ten só unhas horas para esclarecer o misterio. Canda os seus amigos os paxaros, os cans e o cachourizo, Gatlock non dubidará en lanzarse tras a pista do ladrón.
Sam soña conse converter nun nobre cabaleiro, pero non sabe como conseguilo. Unha viaxe dos pais obrígao a convivir no Castelo Mothscale con Prune, a súa prosmeira curmá, co seu excéntrico tío Archibald e mais coas estrañas criaturas das que se ocupa a tía Eglantine.
Cando o bo de Filippo Lettera descubriu aquela rata que asomaba os bigotes pola rañura dunha caixa do correo, pouco podía imaxinar que tan só se trataba da primeira das miles e miles que ían tomar Nilemah (con hache tras do a) ata o punto de volver a vila do revés. Pero para todo hai solución.
Sam soña con se converter nun nobre cabaleiro, e para iso debe superar seis probas. Nesta ocasión, o mozo deber atopar un corcel branco.
Que alguén fale é cousa común. Que o faga unha ra, é cousa rara. A protagonista deste relato fala polos cóbados (ou mellor sería dicir que fala polas ancas).
Uxío é un rapaz espelido pero algo problemático. Mentres os seus paise irmáns marchan de vacacións a un parque temático, el asiste contrariado a un campamento nunha illa onde os participantes teñen vedado o uso do móbil e deben alimentarse do que colleitan.